Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 9 de julho de 2012

COORDINADORA NACIONAL PROVISORIA DO NOVO PROXECO COMÚN


TEO,  7 DE XULLO DE 2012.


Estimad@s compañeir@s:
A continuación expomos os acordos da Coordinadora Nacional provisoria para a constitución o 14 de xullo, en asemblea nacional, dun novo referente político.  O vindeiro 14 de Xullo temos que ser quen de crear a ferramenta política que o Pais precisa e que miles de galeg@s están agardando. De nós depende!!

ORGANIZACIÓN
Para unha boa marcha da esemblea, cuestión moi importante, é preciso  achegarmos dende as localidades ou comarcas un número mínimo de 40 persoas que lle boten unha man aos compañeir@s de Compostela. Por favor pasade os nomes canto antes.

 As comarcas e as localidades deben mandar antes do mércores día 11, ás 14hs, as listaxes das persoas que van participar na asamblea á lista de correos habilitada na web (intranet) e para o cal se vos mandou unha clave de acceso. Na devandita listaxe debe indicarse o nome da persoa e se pagou a cota ou non. Todo isto nunha folla Excel de cálculo. Calquera dúdida consultar.

MESA DA ASEMBLEA

Acordamos que a mesa que levará a asamblea nacional estará formada polas seguintes persoas:
Henrique Harguindey……..Cangas.
Paula Verao……………….. Sober.
Rafa Balado………………. Redondela.
Helena Pérez……………… Vigo.
Carlos Méixome………….. Val Miñor.
Concha Trigo……………… Moaña.
Antonio Araúxo…………… Val Miñor.
Pilar Barro…………………. Ourense.
Mar Casais…………………. A Estrada.


SUPLENTES
Lupe Bouzón………………. Redondela.
Maruchi García…………….. Cangas.
Antón Cruz………………….. A Coruña.

ENMENDAS.

A respecto das enmedas peresentadas, que foron moitas e valiosas, e que  dá a medida  da pluralidade do N.P.C., a Cordinadora Provisional acordou tratalas baixo tres criterios:

1º.- Procuraráse recoller todas aquelas emendas que sexan ben de redacción, de  mellora do texto ou de engadido que non alteren o contido dos documentos.

2º.- Aquelas emendas que,  ou ben sobordan polo seu contido o tratado nos documentos, mais  que en xeral son achegas importantes (uso TIC, cultura, consumo enerxético… e moitas outras) recóllense como documentación a ter en conta para a futura asemblea que se celebraría antes dun ano. Do mesmo xeito as emendas que teñen un carácter reflexivo mais non propoñen un texto concreto tamén se recollen para desenvolver na futura asemblea.

3º.- Procuraráse que ao debate asembleario cheguen aquelas emendas de maior interese neste momento do proceso constituinte.

4º.- Facer un chamado a autocontención para que a asemblea poida decorrer con axilidade e se poida cumprir o horario previsto. Lembrade que tod@s temos que empurrar para que a crianza naza fermosa e vizosa.

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA CONSTITUINTE.

9h. ás 17hs.- Recepción de asembleistas. Recollida de acreditacións.
10h.- Elección da Mesa da Asemblea.
10:15h.- Debate e aprobación do regulamento da Asemblea.
10:30h.- Debate emendas aos Principios Organizativos e Estatutos.
11:30h.- Votación dos Principios Organizativos e Estatutos.
11:45h.- Debate Documento Político.
13h.- Votación Documento Político.
13:15-16h.- Descanso para xantar.
16h.- Presentación de candidaturas á Coordinadora Nacional e á Comisión Ética e de Garantías.
17h.- Votación.
18h.- Comunicación de resultados.
18:30.- Acto de Clausura.


REGULAMENTO

Capítulo 1. Da Mesa da Asemblea

Artigo 1. A Mesa estará constituída por nove persoas: dúas como coordinadoras xerais da xuntanza, presidíndoa e moderándoa; dúas en función de secretaría xeral, redactando a acta; e cinco persoas máis que colaboren nas tarefas de ordenamento dos debates, recollida de datos dos recontos, suplencias momentáneas, etc.

A Coordinadora Provisoria de Asembleas Nacionalistas fará unha proposta inicial de composición da Mesa que poderá ser debatida, modificada ou, no seu caso, ratificada, total ou parcialmente, pola Asemblea, en votación a man alzada.

Artigo 2. A Mesa será responsábel da orde e dirección da Asemblea. As súas competencias serán: a) presidir a sesión; b) abrir, moderar e fechar os debates; c) organizar as intervencións; d) indicar, ao someter algún tema a votación, as opcións e, se for o caso, a mecánica do proceso de votación; así como proclamar o resultado; e) ordenar o desenvolvemento da Asemblea, establecendo as pausas e o reinicio de acordo co horario establecido; f) interpretar este regulamento e resolver as dúbidas que poidan xurdir sobre o desenvolvemento da Asemblea; g) redactar a acta do que aconteza na sesión; h) propor as transaccións que se estimen oportunas; i) incorporar as emendas aprobadas aos documentos sometidos a debate.

Artigo 3. As decisións da Mesa tomaranse por maioría.

Capítulo 2. Do Quorum

Artigo 4. A  Asemblea deberá comezar, segundo o horario estabelecido, coas persoas inscritas que estean presentes nese intre.

Artigo 5. Poderán participar con dereito a voz e voto todas as persoas que cumprimentasen a súa inscrición a través das asembleas territoriais ou ben individualmente antes do 11 de xullo ás 24h. O proceso de inscrición faise a través das asembleas territoriais xa constituídas ou, no caso do territorio galego no que non se constituísen, mediante un correo electrónico á Coordinadora Nacional de asembleas até tres días antes da Asemblea.


Capítulo 3. Das Intervencións e das Cuestións de Orde

Artigo 6. Cada documento sometido a debate na Asemblea será presentado inicialmente por unha persoa da Comisión Técnica Redactora, nunha intervención necesariamente breve e de carácter explicativo. De seguido abrirase unha rolda fechada de intervencións sobre a globalidade do documento en cuestión, ao final da cal poderá intervir de novo a persoa que realizou a presentación, co gallo de facer, se é o caso, as aclaracións oportunas. De seguido, pasarase ao debate concreto das emendas, totais ou parciais, presentadas ao documento. As cuestións de orde que poidan xurdir ao longo da Asemblea será presentadas por escrito ante a Mesa

Artigo 7. As emendas decaerán se non as defenden os emendantes. Na defensa de cada emenda terá a palabra, primeiramente, a persoa emendante. Seguidamente, a Mesa abrirá, salvo que estime que non é necesario pola propia índole da emenda, unha quenda pechada de intervencións, de tempo limitado e proporcional, en que se poderá defender tanto a emenda como o texto orixinal. Terminada esa quenda, poderá intervir de novo, se o desexa, a persoa emendante e procederase, a seguir, á votación, ficando aprobadas as emendas que teñan máis votos a favor que en contra.

Capítulo 4. Das Emendas

Artigo 8. As emendas presentaranse nas asembleas que as remitirán á Coordinadora de Asembleas até as 24 horas do día 6 de xullo de 2012. As emendas poderán ser de supresión, de modificación ou de engádega. As primeiras indicarán o texto a eliminar; as segundas o texto alternativo proposto; as últimas o texto concreto a incluír. O conxunto das emendas presentadas, debidamente ordenado e valorado pola Coordinadora de Asembleas do día 7 quen poderá incluír propostas de transacción e emendas de mellora do texto, será posto, electronicamente, ao dispor das persoas participantes antes da propia Asemblea, si é tecnicamente posible tamén na intranet da p. web.

Artigo 9. A orde de debate das emendas será a derivada da orde do día e do propio documento a debater.

Artigo 10. No caso de existir varias emendas coincidentes, estas serán tratadas e votadas de forma conxunta.

Artigo 11. No caso de a Coordinadora de Asembleas realizar unha proposta de transacción considerarase aceptada se a persoa emendante a asume ou se non a defende, mais votarase a redacción orixinal se algunha participante con dereito a voto o solicita.

Artigo 12. Rematado o proceso de debate das emendas presentadas a un dos documentos asembleares, procederase á votación dese documento no seu conxunto, coas correspondentes incorporacións e modificacións producidas no transcurso da Asemblea.

Capítulo 5. Das Votacións

Artigo 13. Todas as decisións da Asemblea tenderán a tomarse por consenso, mais de non ser posíbel adoptaranse por maioría simple de votos.

Artigo 14. As votacións serán a man alzada ensinando a “credencial de voto” que lle será entregada a cada participante no momento da súa acreditación. A votación será secreta no caso da elección de responsabilidades.

Artigo 15. Este Regulamento rexe o proceso constituínte dende a súa distribución ás asembleas territoriais e será sometido á aprobación como primeiro punto da orde do día da asemblea constituínte podendo ser emendado polo procedemento que no mesmo se establece. As emendas non terán efectos retroactivos.

CANDIDATURAS E NOME

Outros  acordos tomados  hoxe en Teo están relacionados coa elección da Coordinadora Nacional e á Comisión Ética e de Garantías, e foron os seguintes.

En relación co art.12 dos estatutos consensuamos para lleo trasladar á Asamblea Nacional Constituinte o seguinte texto:

 Artigo 12.- Partindo de que o desexábel nun proceso constituínte é o consenso e abertos a contemplar outras fórmulas de elección para o futuro, a elección dos órganos nacionais: coordinadora nacional e comisión ética e de garantías, elixiránse en listas abertas onde o votante poderá escoller unha lista completa ou riscar persoas de distintas listas. A Coordinadora Provisoria a través dunha comisión constituida ao efecto, fará unha proposta de lista completa do máis amplo consenso posíbel paralla  propoñer á asemblea constituínte. Porén, calquera outra persoa ou grupo de persoas, poderán candidatarse libremente co único requisito de estaren inscritas como asembleistas.

REFERIDO A ESTE PUNTO É IMPORTANTE O SEGUINTE:
1º.- Tanto a candidatura de consenso como aquelas persoas que se postulen, teñen que presentarse antes das 14h. do mércores 11 de xullo no enderezo electrónico

2º.- tal como que damos, as propostas de nomes para a lista de consenso, cómpre que as mandedes tamen canto antes a este correo:  arauxoquintas@gmail.com

COMPOSICIÓN ELIXIDA NA COORDINADORA PARA ELBAORAR AS DEVANDITAS CANDIDATURAS DE CONSENSO.
Carlos Méixome…..Val Miñor.
Concha Trigo………… Moaña.
Xulio Costas………….. Ourense.
Manuel Pazo………… Ferrol.
Antonio Araúxo……. Val Miñor.
Rafa Balado……………. Redondela.
Borxa  Mejuto……….. Lugo.
Adolfo…………………….. A Coruña.

NOME DO NOVO PROXECTO.
Acordamos recoller, tamen antes do día 11, as propostas de nomes que teñandes a ben enviar. Sendo a Comisión de Organización  quen fará unha porposta á  Asemblea Constituinte de de mais ou menos cinco nomes. As propostas tedes que mandalas a este correo: arauxoquintas@gmail.com

De novo grazas pola vosa colaboración.