Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 29 de abril de 2010

Resposta do Tenente de alcaide de Chantada à Susana Lopes Abelha com motivo dos serviços sociais



Podesdes consultar este tema mais em profundidade noutros post deste blogue onde focamos os serviços sociais na acçom do BNG em Chantada:

http://chantadanova.blogspot.com/2009/07/resumo-e-avaliacom-dos-dous-anos.html

http://chantadanova.blogspot.com/2010/02/chantada-que-ai-vem-politica-social-e.html


Comprometidos com Chantada, comprometidos com os cidadaos
.

A XERENTE DO SERGAS MANTÉN EN ENTREDITO O FUTURO DAS ÁREAS SANITARIAS DE MONFOTE, A MARIÑA, VALDEORRAS E O SALNÉS

Ana Luisa Bouza preguntoulle até 3 veces, sen obter resposta, á xerente do SERGAS se estas áreas van ter xerencia integrada propia ou van depender de Lugo, Ourense e Pontevedra.

A Consellaría de Sanidade confirmou esta mañá que o futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés está en entredito.

A directora xerente do SERGAS, Rocío Mosquera Álvarez, compareceu esta maña na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego para informar sobre o novo sistema de xestión integrada das áreas sanitarias, que integrará as áreas de atención primaria e atención especializada.

A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, aproveitou para preguntarlle até tres veces que aclarase o futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés.

“Queremos que nos aclare se estas áreas van ter un xerente executivo dependente de Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, ou van continuar como áreas sanitarias propias, converténdoas en áreas de xestión integrada que integren tanto a atención primaria como a hospitalaria”, inquiriu a deputada nacionalista.

Deixen de xogar á confusión cos cidadáns e aclaren se van continuar como áreas sanitarias propias ou non, porque se nos din que si estou segura de os miles de habitantes destas comarcas que están moi preocupados por este tema abandonarán as mobilizacións”. A resposta da directora xerente do SERGAS: “eu non xestiono o territorio, só nos preocupa mellorar a calidade da asistencia sanitaria”.

Para a deputada do BNG a negativa da representante da Consellaría de Sanidade e definir cal vai ser o modelo alternativo ás áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés “fainos entender que o futuro destas áreas sanitarias fica en entredito”.

Amais, critica que “o Partido Popular diga que se está enganando á xente con este tema, cando os que enganan son vostedes, que manteñen a confusión de forma deliberada, dicindo nesas comarcas que se manteñen e no Parlamento, como vimos hoxe, a representante do SERGAS desminte iso e non garante para nada que estas áreas sanitarias vaian manterse”.

“A xente vive nun territorio, con problemas para desprazarse, e iso tamén debe preocuparlle ao Goberno do PP”

Por outra parte, amosamos preocupación porque “a xerente do SERGAS insista en que o territorio non lle interesa”. “Aos galegos e galegas si lles interesa, porque viven nun territorio, con moitos problemas de falta de infraestruturas, con moita xente maior con problemas de mobilidade que tería moitas dificultades para desprazarse por exemplo dende O Barco a Ourense ou dende A Mariña á cidade de Lugo”.

Por último, a deputada do BNG criticou que a posta en marcha das áreas de xestión integrada, das que xa están en marcha as de Santiago e a da Coruña, “se faga sen ter aínda uns datos obxectivos que permitan avaliar o proxecto experimental de área de xestión integrada de Ferrol, e polo tanto sen ter datos concluíntes de que este modelo vaia mellorar a atención sanitaria”.


terça-feira, 27 de abril de 2010

Sucesso da exposiçom itinerante Mulheres entre o Sil e o Minho em Chantada



Para mais informaçom ou para participares no projecto visita o site oficial da exposiçom clicando aqui.

Por quê é que lhe chamam austeridade ao que se lhe devera chamar recorte?
BNG Chantada

A propaganda oficial apresenta ao Governo Feijóo como eficiente e austero. Nom é nem umha cousa nem a outra e os dados avalam esta consideraçom. Em 2009, Feijóo gestionou o orçamento durante 9 meses e a nova Administraçom galega incrementou os gastos correntes em 421 milhons de euros a respeito de 2008. O grave é que isto se produziu ao tempo que diminuiu o gasto en investimento, ou seja, o gasto que cria riqueza e que pode servir para acelerar a superaçom da crise económica.

Os dados de execuçom do orçamento mostram tamém a ineficiência do (des)Governo Feijóo: em 2009, executou apenas 58,44 por cento do dinheiro destinado a investimentos produtivos. Estamos a falar nem mais nem menos que deixou de investir na economia produtiva 724 milhons de euros. Isto é gravíssimo. En plena crise económica, o Governo foi incapaz de executar o seu propio orçamento. 724 milhons de euros nom fôrom injectados à economia galega pola ineficácia do Governo galego.

Feijóo afirma agora que tem que reduzir o orçamento em curso em 218 milhons de euros porque o Estado lhe ingresou 111 milhons menos do previsto (devido à descida da recadaçom fiscal produzida pola crise).

En primeiro termo, Feijóo tem que explicar por que se o retalhamento dos ingresos do Estado é de 111 milhons de euros el vai a meter um tesouraço às contas públicas de 218. En segundo termo, Feijóo tem que comprometer-se a nom tocar nem o gasto social nem o gasto em investimento produtivo (melhorando sensivelmente o grau de execuçom orçamentar). O tesouraço tem que limitar-se exclussivamente a reduzir o gasto corrente improdutivo.
Em definitiva, a brigada de demoliçom e limpeça Feijóo S.L. tem que eficiente, justo o que nom foi até o de agora e deixar-se de eufemismos dumha auteridade que só afecta aos piares do velfarismo e aos serviços socias. A crise devem-na pagar os seus responsáveis nom a classe trabalhadora.

segunda-feira, 26 de abril de 2010

Son perigosos os alimentos transxénicos? por Elvira Cienfuegos López.

E ¿que tipo de perigos poden agochar? ¿Sanitarios? ¿Ambientais? ¿Sociopolíticos e económicos? ¿Os riscos a eles asociados son asumibles? ou, dito doutra maneira, ¿os posibles beneficios poderían compensar os posibles riscos? O certo é que estamos ás portas dunha nova revolución verde, promesa ou ameaza para o Planeta, en función do papel que nela consiga xogar a sociedade: non hai que esquecer que está promovida polas grandes empresas multinacionais e que, por tanto, a colectividade terá que esforzarse en conseguir para si a capacidade decisoria que lle corresponde.


«A irresistible ascensión da bioloxía molecular» coincide co final da guerra fría e a perda de interese na carreira espacial. E os resultados económicos non se fixeron esperar: entre 1985 e 1988 multiplicáronse por dez as ventas estadounidenses de productos obtidos por procedementos de enxeñería xenética. Tratábase fundamentalmente de substancias de carácter terapéutico: insulina producida por bacterias modificadas xeneticamente, interferóns (axentes antivíricos), vacinas como a da hepatite B, etc. Os avances en xenética molecular relacionada coa medicina proseguiron tamén noutros campos: detección de enfermidades hereditarias, aplicacións forenses (probas de paternidade, probas criminalísticas...), terapia xénica, proxecto xenoma humano... As novas tecnoloxías invaden tamén campos ata agora reservados ás tradicionais: a producción de queixo e outras fermentacións, aparecendo ademais no mercado productos novos como a fructosa (en substitución da sacarosa). Os animais, domésticos ou non, tampouco escaparon á investigación: a ninguén lle pasou desapercibida a clonación da ovella Dolly, pero a experimentación, en distintas fases, afecta a outros moitos, desde a vaca, para a que existe unha hormona recombinante que os Estados Unidos se empeña en comercializar en Europa (onde, polo de agora, está prohibida) ata os peixes e moluscos. E desde que en 1994 saíra á venta o primeiro tomate transxénico, as grandes multinacionais do sector agrícola lanzáronse a unha carreira vertixinosa por inundar o mercado con plantas modificadas xeneticamente.

A nova situación suscita unha revisión ética, filosófica e política e esixe un novo ordenamento xurídico que garanta que os avances científico-técnicos se poñan ó servicio da poboación, contribúan a garantir os seus dereitos individuais e colectivos e repercutan na mellora da súa calidade de vida. A xustificada hostilidade que as biotecnoloxías xeran hoxe na opinión pública prové en boa medida de como, para que e por quen están sendo utilizadas. Así, unha das demandas máis básicas e comúns que non está sendo atendida é que se aplique rigorosamente o principio de precaución, é dicir, que antes de autorizarse unha producción se demostre que a nova substancia ou proceso é inocua para a saúde e o medio ambiente (a curto, medio e longo prazo); por contra, e anque neste momento existe por parte da Unión Europea unha moratoria de facto para a autorización de novas plantas transxénicas segue estando permitida a comercialización da soia transxénica de Monsanto así como o cultivo e a comercialización do millo Bt de Novartis. De todos os xeitos, moitos países europeos adoptaron prohibicións nos seus territorios; non así o Estado Español, principal importador e cultivador europeo de plantas transxénicas e o sexto país do mundo en canto á extensión deste tipo de cultivos.



Os seres vivos teñen a información hereditaria codificada en longas moléculas de ADN. Cada fragmento de ADN que determina unha característica concreta denomínase xene. Plantas transxénicas son as que, ademais da propia información xenética, conteñen xenes doutras especies que lles foron introducidos por enxeñería xenética; son xenes «seleccionados» por aportaren á planta unha característica que antes non tiña: a resistencia a un herbicida ou a un insecto, a supervivencia en determinadas condicións climáticas...

Para «fabricar» unha planta transxénica, por unha parte, hai que seleccionar a variedade que se quere transformar e garantir que poida rexenerarse a partir de fragmentos moi pequenos; por outra parte, hai que illar o xene que se pretende introducir, obténdoo dun virus, bacteria, animal, vexetal... Para introducir o xene na planta (no que aínda é só un pequeno fragmento dela) utilízanse basicamente dous métodos: un deles, o máis antigo, consiste en unilo a un fragmento de ADN dunha bacteria que ten a propiedade de atravesar con certa facilidade as paredes e membranas da célula vexetal e chegar ó seu núcleo; outro baséase na súa introducción directa mediante técnicas como a eletroporación ou o microbombardeo. ¿Como saber se o proceso tivo éxito? Para iso están os xenes marcadores (introducidos xunto co xene obxectivo), que, ata agora, eran con frecuencia xenes de resistencia a antibióticos: bastaba con engadir o antibiótico ó medio de cultivo, e, se a planta resistía, podíase concluír que os novos xenes («transxenes») se integraran nela e expresaban a característica esperada.


Unha cuestión intimamente asociada ós productos transxénicos e de gran transcendencia é a das patentes sobre a vida: a nova normativa fai, entre outras cousas, que os países do Sur, os que conservan maior biodiversidade, estean sendo obxecto dun saqueo continuo que xa ten nome: biopiratería (legal ás veces, ilegal outras). E son precisamente estes países os que poderían resultar máis desfavorecidos coa implantación das novas tecnoloxías, ben porque as súas produccións actuais poderían ser obtidas nos países ricos, ben porque os gastos asociados ás novas plantas transxénicas non poderían ser asumidos (e menos polos pequenos agricultores).

Aínda sen entrar en riscos socioeconómicos, a consideración dos que poden afectar á saúde e ó medio ambiente deixa abondo espacio para a inquedanza. Son moitos os científicos que avogan por unha moratoria á liberación ó medio de organismos xeneticamente modificados (a Asociación Médica Británica fixo esta mesma petición ó goberno); outros, é certo, están a favor dos alimentos transxénicos, e as súas opinións mesmo se oen máis cas dos primeiros (estar co poder económico da certas vantaxes). Claro que científicos houbo que apostaron pola enerxía nuclear ou por unha alimentación animal que desembocou no mal das «vacas tolas». E, a maioría das veces, cando os medios de comunicación falan do «aval científico para os alimentos transxénicos» están recollendo unicamente a opinión dos biotecnólogos, científicos que se ocupan de «fabricar» organismos xeneticamente modificados, non de avaliar os riscos que poden ocasionar.

O certo é que a respecto das consecuencias non desexadas da liberación ó medio de organismos modificados xeneticamente e do consumo de alimentos procedentes deles, a ciencia ten aínda poucas respostas e isto si é un problema: a humanidade e o planeta estanse a converter nun campo de experimentación das multinacionais, interesadas en obter o máximo beneficio a curto prazo e non en responsabilizarse das consecuencias. E estas poden ser extremadamente graves. Robtlab, premio Nobel de Medicina, dicía non hai moito: «Os perigos da enxeñería xenética son equiparables ós da enerxía nuclear». Sen embargo, mentres se están investindo elevadas sumas de diñeiro en novos organismos xeneticamente modificados, invístese moi pouco en avaliación de riscos, e esta desproporción xera xustificadas desconfianzas na poboación. Por outra parte, moitos dos estudios foron realizados polas propias multinacionais sen que houbese corroboración por outros científicos, e, sendo coñecidas as presións exercidas sobre os que obtiveron resultados preocupantes (investigacións sobre os efectos da hormona recombinante bovina, do millo Bt nas bolboretas Monarca, das patacas nos ratos...) non é desasisado sospeitar que se silenciaran, se os houbera, datos desfavorables.

En todo caso, é evidente que, ó día de hoxe, non hai consenso na comunidade científica e que se necesitarían máis investigacións e caso por caso: non houbo tempo suficiente para avaliar en distintos medios, a medio e longo prazo, con produccións a grande escala, os efectos da liberación ó medio e do consumo de organismos transxénicos.



A maior parte das plantas transxénicas son resistentes a herbicidas ou insectos. O interese de plantar variedades resistentes a herbicidas vai necesariamente ligado ó seu uso, mesmo a un uso intensivo: as plantas poden conter restos de herbicidas ou de substancias fabricadas pola planta para resistir a eles, o cal puidera ter repercusións negativas na saúde. Algo semellante se pode dicir das plantas que «fabrican» insecticidas: estarémolos consumindo ó tempo que consumimos a planta. É certo que as cantidades poden ser pequenas, pero iso non exclúe a posibilidade de que causen danos. Cantidades moi pequenas de moléculas novas que as plantas transxénicas poden producir - ben procedentes dos xenes introducidos, ben porque a súa incorporación provoque reaxustes na expresión dos xenes da propia planta - serían suficientes para producir alerxias, posibilidade que parece que non foi suficientemente estudiado mesmo nas variedades autorizadas (e se xa resulta moi difícil identificar os axentes causantes de alerxia, dedúzase o que sucedería coa xeneralización do consumo de productos transxénicos).

Un aspecto moi transcendente é o relacionado coa resistencia a antibióticos. Ata agora, moitos dos xenes marcadores das plantas transxénicas érano para a resistencia a antibióticos, algúns, como a ampicilina, de uso común en veterinaria e medicina. Moitos científicos, e entre eles P. Courvalin, especialista en antibióticos, temen que tal práctica agrave o xa existente problema de resistencia das bacterias patóxenas, dificultándose aínda máis o tratamento de enfermidades infecciosas, máxime cando hai 20 anos que non se introduciu en clínica ningunha nova familia de antibióticos. Ainda que a probabilidade sexa baixa, non se pode descartar que o xene de resistencia, desde o aparello dixestivo ou desde o solo, acabe en bacterias causantes de enfermidades da especie humana ou de animais (o argumento foi considerado de peso na Unión Europea e serviu para non autorizar determinades «variedades» transxénicas).
Outro aspecto a considerar é a posibilidade de que, por exemplo a través da «fabricación» de plantas resistentes a virus, se estea favorecendo a aparición de novas enfermidades ou incremento da virulencia ou agresividade de patóxenos xa coñecidos.
Riscos de impactos sobre o medio ambiente
De entrada, e posto que as plantas transxénicas están orientadas a cultivos masivos, non cabe senón esperar que a actual biodiversidade se vexa diminuída: perderanse moitas variedades seleccionadas ó longo de séculos con determinados valores adaptativos que non se poderán recuperar. Por outra parte, o uso masivo de herbicidas podería tamén facer desaparecer moitas plantas silvestres e, con elas, insectos, aves e outros animais que delas dependesen directa ou indirectamente.
Pero hai máis: das plantas transxénicas existen variedades silvestres ou cultivadas coas que se poden cruzar, de xeito que a descendencia adquiriría os «transxenes». Por exemplo, do millo existen variedades locais coas que o cruce coas transxénicas da resultados fértiles, como se comprobou en Alemaña. Por tanto, unha cuestión básica a considerar antes de autorizar unha planta transxénica en determinado medio natural é que non existan nel variedades coas que se poida cruzar. Garantir o dereito a non consumir plantas transxénicas pasa necesariamente polo anterior, pero hai xa denuncias por contaminación de cultivos tradicionais con xenes de plantas transxénicas.

Non hai que descartar tampouco a posibilidade de que as plantas transxénicas poidan converterse en invasoras, en «malas herbas» de cultivos próximos, e, o que parece máis probable: contribuirán a acelerar as resistencias a herbicidas e pesticidas, dado o seu uso continuo (calcúlase que a resistencia do «taladro» do millo a toxina que emite o millo transxénico Bt é cuestión de poucos anos, e para atrasala, promóvese unha área de millo non resistente ás beiras da plantación, onde o insecto poida atopar refuxio e alimento).

Por outra parte, a acción insecticida dalgunhas plantas podería afectar a insectos beneficiosos, e de feito, recentemente se publicou que o millo Bt provocara a morte de bolboretas Monarca. En resumo, efectos non desexados, encontrados ás veces sen buscalos, apareceron xa: fanse necesarios estudios amplos e rigorosos antes de tomar decisións.



As multinacionais investiron grandes sumas na investigación, obtiveron as patentes e os permisos e lanzaron as plantas transxénicas ó mercado presentándoas como a «solución a fame no mundo». Non se tardou en cuestionar tal afirmación e ó tempo xurdiron as dúbidas sobre a seguridade das plantas transxénicas. Mentres, sucedíanse, sen éxito, reunións dos mandatarios dos diferentes países para chegar a asinar un Protocolo de Bioseguridade vinculante, que os países productores da biotecnoloxía «boicoteaban» sistematicamente. Entrementres, os alimentos transxénicos chegaban ás nosas mesas sen que puidésemos elixir porque carecían de etiqueta que os identificara; soubémonos «cobaias» das multinacionais e non nos gustou.

Os consumidores reclamaron etiquetado obrigatorio1, os agricultores preocupados por unha producción agraria sostible mobilizáronse, os países do terceiro mundo seguiron reclamando o dereito a rexeitalos por razóns de saúde, de ambiente ou de socioeconomía. ¿Quen demanda alimentos transxénicos? A resistencia cada vez máis xeneralizada ó seu consumo levou a dúbida mesmo ós agricultores que optaran por eles seducidos polas promesas da súa publicidade: hoxe non só en Europa, tamén xa en Estados Unidos hai un amplo movemento que cuestiona os transxénicos.

Para as multinacionais, a introducción dos transxénicos representa un paso máis no control da producción e comercialización de productos agroalimenticios: as variedades transxénicas están protexidas por patentes e as sementes hai que mercalas cada vez que se planten. Pero, se unha vez utilizadas se comproba que son nocivas para o medio ou para a saúde ¿quen e como vai poñer remedio á situación? O principio de precaución - recollido, por certo, no Tratado de Maastricht - imponse: mentres que non se demostre probadamente que son seguros, exclusión dos alimentos transxénicos.?

Elvira Cienfuegos López (Lourenzá, 1953) é licenciada em Ciências Biológicas e Farmácia. Catedrática de Ensino Secundário vem exercendo como responsável da comissom de transgénicos de ADEGA (Associaçom para a Defesa Ecológica da Galiza).

A opiniom do grupo municipal do BNG sobre os recortes da Junta de Galiza

A Junta de Galiza recortará o seu orçamento para 2010 em 200 milhons de euros, com umha reduçom meia de 1,05% nas áreas de ámbito social como Educaçom, Sanidade, Universidades e Bem-estar; e 4,4% nas restantes. Portanto, fica já bem às claras o que é na realidade a tam predicada austeridade da brigada de demoliçom e limpeça étnica encabeçada por Feijoo.

As conselharias com maiores recortes serám Industria e Economia com 7%; e Cultura e Turismo com 6,5%. Desde o departamento de Fazenda informárom de que os 200 milhonns eram a “cifra límite” para garantir a prestaçom dos serviços públicos, pese a que a Junta pensava em 218 milhons. Uns 125 milhonns dos 200 que se detraerám dos orçamentos da comunidade autónoma no exercício do curso correspondem a gasto corrente, e os restantes 75 milhons, a investimentos produtivos, contraindo os serviços públicos e favorecendo o lucro privado o privi-legium, ou seja, a lei privada por cima da res publica.

Desde Fazenda indicárom que en nengum caso, estes recortes afectarám ao gasto social e as transferências às corporaçons locais e às universidades, à luita contra os incéndios, a justiça gratuíta, as ajudas para a igualdade, as subvençons de peages e o financiamento do Jacobeu 2010. Perguntamo-nos entom nós inocentemente a que é que afectarám estes recortes milhonários.

terça-feira, 20 de abril de 2010

O shock do preço dos alimentos: ou modificaçom genética ou fame

Nota Bene: O seguinte texto é um trecho dum artigo de Naomi Klein intitulado "Capitalismo do desastre: estado de extorsom". A traduçom é própria. O artigo original em castelhano e completo pode consiltar-se aqui.


Naomi Klein é autora de numerosos livros, incluído o mais recente The shck Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism. Para umha recensom sobre o livro feita pola mocidade do Encontro Irmandinho consultar aqui.

"Capitalismo do desastre: estado de extorsom"

Ligada estreitamente ao preço do petróleo encontramos a crise alimentar global. Nom só os elevados preços do petróleo fam subir os preços dos alimentos, mas tamém o boom dos biocombustíveis desdibujou a fronteira entre a comida e o combustível, expulsando aos camponeses das suas terrras e alentando umha especulaçom rampante. Muitos países latinoamericanos insistírom em que se rexamine a pujança dos biocombustíveis como alternativa aos combustíveis fósseis e em que se reconheçam os alimentos como um direito humano e nom como umha mercadoria mais. O subsecretário de Estado dos Estados Undos, Jonh Negroponte, tem em troca outras ideias ao respeito. No mesmo discurso em que tratava vender o compromisso dos EUA na ajuda alimentar de emergência pediu aos países que baixaram as suas "restriçons à exportaçom e elevadas tarifas" e que eliminaram "as barreiras paa o emprego das inovaçons tecnológicas na produçom animal e vegetal, incluíndo a biotecnologia". Hai que reconhecer que esta ameaça era mais subtil que as anteriores, mas a mensage era clara: os países pobres fariam melhor em abrir os seus mercados agrícolas aos produtos norteamericanos e as suas sementes geneticamente modificadas. A contrário, arriscam-se a perder a sua ajuda*.

Os cultivos geneticamente modificados aparecêrom de súpeto como a panaceia para a crise alimentar, quando menos segundo o Banco Mundial, o presidente da Comisom Europeia - "valor y al toro", veu a dizer - e o Primeiro Ministro británico Gordon Brown. E, claro está, segundo as empresas do agribusiness. "Nom se pode alimentar hoje ao mundo sem organismos geneticamente modificados", declarou recentemente Peter Brabec, presidente de Nestlé, ao Financial Times. O problema com este argumento, ao menor por agora, é que nom hai provas de que os organismos geneticamente modificados incrementem a produçom dos cultivos, mas bem disminuem-na**.

Nom obstante, incluso se houvera umha varinha mágica com a que resolver as crise alimentar global, quereriamos por acaso que estiver nas maos dos Nestlés e Monsantos? Qual seria o preço a pagar por que a empregassem? Nos últimos meses Monsanto, Syngenta e a BASF comprárom coma tolas patentes das chamadas sementes "todo-terreno", um tipo de prantas que podem crescer até na terra esgotada pola sequia ou salgada polas inundaçons.

Por outras palavras: prantas modificadas para sobreviver a um futuro de caos climático. Já sabemos até quê ponto é que está disposta chegar Monsanto à hora de proteger a sua propriedade intelectual, espiando e demandando aos granjeiros que se atrevam a guardar as suas sementes dum ano para outro. Pudemos ver como as medicaçons patentadas contra o VIH impedem salvar milhons de pessoas na África subsaariana. Por quê é que os cultivos "todo-terreno" patentados iam a ser diferentes?

Por enquanto, entre tanta charlatanice excitante sobre novas tecnologias perforadoras [de petróleo crú] e genéticas, a administraçom Bush anunciou umha moratória de até dous anos nos projectos federais para a investigaçom em energia solar, devido a aparentemente, preocupaçons meioambientais. Imo-nos achegando à fronteira final do capitalismo do desastre. Os nossos dirigentes nom invertem em tecnologias que nos prevenham dumha maneira efectiva dum futuro climaticamente caótico, e em vez disso decidem-se a trabalhar pau a pau justamente com quem trama planos cada vez mais endianhados para aproveitar-se das desgraças alheias.



Notas do tradutor:

* Esta ameaça fixo-se recentemente à Angola desde o consulado ianque para que promocionaram o inglês em detrimento do português pois do contrário apoiariam - já a apoiam de facto pola sua riqueça em gás e petróleo, o território separatista da Cabinda-.

** Umha das manifestaçons mais evidentes do retrocesso do espaço público no momento actual, o da globalizaçom ultraliberal descendente, é o que na Alemanha deu em chamar-se umha "porta giratória" entre o mundo da política e o mundo dos grandes intereses económicos privados, como recentemente veu confirmar o escándalo das "dietas" de Tony Blair. Já nom se guardam, portanto, nem as formas à hora de exibir umha inusitada promiscuidade entre a classe política e a verdadeira classe dirigente do grande capital. Outro bom exemplo é Berlusconi, paladim do populismo fascistoide ou a relaçom dos banqueiros Rubin e Paulson com as administraçons de Clinton - demócrata - e Bush II - republicano -. Gerhard Schröder, o antigo chanceler socialdemócrata da Alemanha, é agora assesor da petroleira russa Gazpron. No mesmo Estado, o outrora ecologista Joschka Fischer é hoje um conselheiro da empresa automovilística BMW que fabrica carros contaminantes.

No tocante ao Estado espanhol a situaçom nom é evidentemente melhor. Aos lucrosos empregos de persoeiros como Eduardo Zaplana em Telefónica cumpre engadir os diversos casos de corrupçom e ainda que a primeira campanha de UCD foi finaciada por 10.000 milhons que a monarquia saudita emprestou a Joám Carlos I (vid. Patrícia Sverlo: Un rey golpe a golpe) ou as relaçons entre o arquimilhonário Carlos Slim com El País e Felipe González ou a do magnate australiano dos média Rupert Murdoch com José María Aznar. Já por nem falar de Jaume Matas.

Todo isto guarda umha relaçom nada inocente como a financiaçom privada das campanhas eleitorais (tipo Obama) e dos partidos políticos. A tirania evidente das forças globais do mercado tornam o estado providência em estado penitência e anulam a capacidade das insituiçons de tomar decisons postas ao serviço das maiorias sociais.


O "capitalismo do desastre"

http://www.paidos.com/ficha.aspx?cod=45151



+ Informaçom sobre Naomi Klein e a Doutrina do shock em:

http://www.naomiklein.org/shock-doctrine

domingo, 18 de abril de 2010

Um mundo sem transnacionais

GUSTAVO DUCH GUILLOT

Nova tirada de aqui. A traduçom é própria.

04-17.jpg


Hai hoje 14 anos, 250 líderes camponeses de Via Campesina, em representaçom dumhas 80 organizaçons de todo o planeta, celebravam a sua segunda assembleia, em Tlaxcala (México), quando recebêrom notícias do Brasil. No Estado amazónico de Pará, em Eldorado dos Carajás, mais de 1.500 mulheres e homes do MST (Movimento de Trabalhadores Rurais Sem Terra) tomárom e bloqueiárom a estrada principal para exigir aos governos federal e estatal que adoptaram medidas urgentes a favor da reforma agrária (num país onde 2% dos proprietários é dono de mais da metade da terra fértil do país, mentres mais de 100.000 famílias dormem sob carpas pretas em campamentos de ocupaçom de terras). Sobre as quatro da tarde, 155 membros da Polícia Estatal Militar atacárom sem piedade. Assassinárom a 19 pessoas, 69 resultárom feridas e, delas, três morrêrom uns dias mais tarde.
Catorce anos despois, a matança orquestrada polos grandes proprietários da regiom com o consentimento do Estado segue sem resposta. Os disparos em Pará retumbárom na reuniom de Tlaxcala e, desde entom, cada 17 de Abril milheiros de camponeses e camponesas, e muitas outras pessoas que apoiam ao mundo rural, organizam acçons e eventos para recordar a situaçom de opresom e marginaçom que parece que lhes tem asignado o sistema capitalista.
Como explica Via Campesina na sua convocatória deste ano –e pom o exemplo de Honduras, onde várias pessoas do Movimento Unificado de Camponeses do Aguám tenhem sido assassinadas tamém pola sua defesa da terra que lhes permite cultivar os seus alimentos–,
a repressom sobre as organizaçons camponesas nom cessa e repetem-se, idénticos, muitos 17 de Abril por todo o mundo. Porém ao abuso do terratenente soma-se o poder hegemónico das empresas transnacionais sobre toda a cadena alimentária. Controlam os mercados das sementes, dos agrotóxicos, dos fertilizantes, da auga, da genética animal e tamém, como umha nova tendência, estám-se fazendo –muitas vezes da mao de terceiros países– com o controlo de muita terra produtiva. Monsanto, Cargill, Carrefour, Archer Daniels Midland, Nestlé, Syngenta, entre outras, som os nomes que Via Campesina cita como senhores dumha agricultura globalizada responsável do tránsito de milhons de agricultores e agricultoras dos seus campos aos subúrbios das cidades, da autosuficiência a engrossar as bolsas da pobreza, mentras –com os seus modelos intensivos– afundam na ferida sobre a saúde do planeta.
Así, Via Campesina e os suus aliados centram todas as suas acçons e vindicacons em assinalar o imenso dano que estas corporaçons ocasionam, rompendo de passo o mito que adoita situar em competência à agricultura dos países ricos com a agricultura dos países do Sul. Para reforçar as energias na ofensiva contra as transnacionais e a favor dum mundo sem monsantos, Via Campesina lembra algumhas acçons que demostram que as cousas se podem cambiar e aponta para outras que se devem mudar.
Face o avanço dos transgénicos como tecnologia de dominaçom do camponesado e de pérdida de biodiversidade para a natureza, Via Campesina destaca como a pressom da sociedade civil da Índia conseguiu deter o passado Janeiro a aprovaçom dumha berinjela transgénica da que é co-proprietária Monsanto. Ou como a ocupaçom que figérom em 2006 da sede de investigaçom de Syngenta [produtora de muitos dos sulfatos empregados nas nossas ribeiras e nas nossas patacas, N.T.] em Brasil para alertar de que em Paraná esta transnacional estava sementando ilegalmente várias hectáreas de cultivos transgénicos levou a finais de 2009 a conseguir que esses terrenos se reconverteram num centro para a ensinanza e a investigaçom da agroecologia. Na Europa, junto às vindicaçons contra o recente decreto de aprovaçom de novas variedades transgénicas, estám-se coordinando muitas atividades para desvelar o poder que sobre a nossa agricultura exercem os grandes supermercados. Os dados que desvelam som muito significativos, a vez que preocupantes: neste momento, os grandes supermercados absorvérom 80% do mercado varejista [minorista em castelhano, N.T.] na Europa. Em Reino Unido, por exemplo, umha de cada sete libras que se gasta no comércio desembolsa-se numh a soa grande superfície, em Tesco, que, como os seus companheiros de pódium, aproveita a desregulaçom do comércio internacional para comprar as suas mercadorias nos mercados mundiais a preços mais baixos, ocultando no preço das etiquetas os custos sociais e ambientais. “Quando um produto chega ao mercado –explica Susan George–, perdeu toda a memória dos abusos dos quais é a conseqüência, tanto no plano humano como no da natureza”.


Com esta realidade, sem acesso aos recursos naturais, sem atençom política, as opçons passam pola movilizaçom, e essa é seguramente umha das características insígnia de Via Campesina desde a sua criaçom em 1993. Como a mesma organizaçom explica, barridos polo furacám da globalizaçom, sintírom a necessidade de recuperar com umha voz própria e única o seu espaço de participaçom social. As suas propostas, baixo a premissa de que a alimentaçom é um direito, nom umha mercadoria para as transnacionais, debujam umha paisage possível, justa e formosa.

Gustavo Duch Guillot é coordinador da revista ‘Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas’. Autor de ‘Lo que hay que tragar’

Ilustraçom de Alberto Aragón

domingo, 11 de abril de 2010

Mais um ataque ao meio ambiente chantadino. O perigo dos transgénicos.


Numerosos estudos alertam dos riscos que para a saúde animal e humana tenhem os transgénicos, mas as multinacionais seguem a lucrar-se com o seu cultivo enquanto sentam as bases a um ataque sem precedentes à soberania alimentar dos povos. Fai agora quase três anos que desde este blogue alertavamos dos perigos dos biocombustíveis e achegamos umha visom sobre a soberania alimentar. Agora toca-nos alertar sobre o emprego dos transgénicos que se estám cultivando ao ar livre em Chantada a pesar da oposiçom da cámara municipal, mas as empresas gozam dumha impoluta impunidade fornececida pola inacçom dum Estado espanhol manso perante os embites do grande capital.

Expunhamos daquela volta, quanto aos trangénicos e a soberania alimentar que:


"
A soberania alimentar é o direito dos povos a definir as suas próprias políticas e estratégias sustentáveis de produçom, distribuiçom e consumo de alimentos em base a princípios que garantam o direito à alimentaçom e radiquem sobre todo na pequena e média produçom. Daquela, é indiscutível a defesa da diversidade dos modos de produçom e a defesa das múltiplas culturas com presença no planeta. Porém, para preservar o meio ambiente e valorizar as culturas locais é fundamental priorizar os mercados locais e regionais e, portanto, abordar umha reforma agrária radical baseada nom apenas em pressupostos de produtividade, mas que atinja ao irrenunciável direito humano à alimentaçom; por isso, os recursos genéticos som um bem de todos nós e resulta inaceitável o patentamento de seres vivos.
Torna-se nesta altura histórica completamente necessário agir pra que as vindicaçons e pontos de vista dos campesinhos, especialmente da mulher no rural, sejam tidos em conta, polo que globalizar a loita é globalizar a esperança. Fronte as vindicaçons de associaçons agrárias, progressistas e ecologistas estám as instituiçons que, mais que garantir, regulam a orde mundial imponhendo políticas agrícolas e alimentares responsáveis, directa ou indirectamente, das tragédias sociais e ambientais que a cotío palpamos, com especial incidência no terceiro mundo, quer dizer, já vai além dumha evidência o feito de que o livre mercado é incapaz de garantir a segurança alimentar dos povos, polo que se venhem propondo alternativas democráticas e de inclusom social que combatam o hogano denominado fundamentalismo ultraliberal.
Amais, este mesmo fundamentalismo ultraliberal pretende impor os transgênicos, umha ameaça sem calibrar ao desconhecermos os seus efeitos sobre a saúde das persoas e sobre o meio natural, rejeitáveis polo simples feito de que as grandes multinacionais, ao apropriarem-se dos direitos sobre as sementes, feriram calquer princípio ético e impediram a soberania alimentar dos povos, sometendo-os a um novo tipo de servidume neocolonial ".

Nom podiamos entom ser mais claros perante a ameaça que vinhamos vir tamém para Chantada, perante a impotência dum governo local sem competências para reagir e botar a estes expoliadores do património natural comum de toda a humanidade que agora se converte em patente, patende de corso engadimos tragicomedicamente, dumhas poucas abastadas corporaçons. Este 9 de Abril, Ildefonso Pinheiro Dias, em qualidadede de Tenente de alcaide da cámara municipal de Chantada e desde a delegaçom de Meio Rural, mostrou mais umha vez a oposiçom frontal do governo chantadino perante estas práticas lesivas e condenáveis desde qualquer ordeamento jurídico ético-político que seja social e nom mercantil:



"A vista da contumacia, pesadez e a matraca das multinacionais Pioneer e Monsanto en tentar sementar millo transxénico en Chantada, a pesar de que por unanimidade da Corporación Municipal no pleno celebrado o 29 de maio de 2008, logo dunha moción presentada polo BNG, o Concello de Chantada se declarou como municipio libre de transxénicos, dende a delegación de Medio Rural temos que ser tamén insistentes e reiterar que non queremos transxénicos no noso Concello. Como xa se dixo dende a Corporación Municipal,
1.- Hai evidencias da imposibilidade de evitar a polinización cruzada entre campos transxénicos e non transxénicos, como veñen demostrando multitude de estudios sobre caracterización da dispersión do polen a grandes distancias.
2.- Existen demasiadas incertezas sobre os impactos potenciais para a saúde dos organismos modificados xeneticamente.
3.- Os transxénicos poden ter efectos imprevisíbeis, non avaliados no proceso de aprobación, e de extrema gravidade.

O ano pasado fomos quen, despois das moitas alegacións presentadas tanto polo Concello como polas diferentes organizacións que o fixeron, de conseguir que a Comisión Estatal de Bioseguridade negase o permiso para as plantacións. Daquela a representación do Goberno Galego demostrou que alguén nos estaba a defender. Este ano non sabemos se poderemos dicir o mesmo. A pasividade da actual Xunta de Galiza produce na sociedade desconfianza, inquietude, medo, noxo, angustia e carraxe.
Polo dito, polos riscos sinalados e porque nada positivo aporta, nós tamén imos ser persistentes e dirixirémonos, previo paso polo Pleno do Concello, ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e á Xunta de Galiza para que se volva a denegar a solicitude de autorización de sementar millo modificado xenéticamente no Concello de Chantada".

O Pleno de 30 de Maio de 2008 recolhia nestes termos o acordo plenário para declarar a Chantada concelho livre de transgénicos, em nossa opiniom com excelente critério, primando o interês público e geral da sociedade chantadina sobre o privado e particular das multinacionais sem escrúpulos:

6.5.- BNG. SOBRE OS ORGANISMOS XENÉTICAMENTE MODIFICADOS

“Varias empresas transnacionais teñen solicitado ensaios con millo transxénico ao Ministerio de Medio Ambiente en diferentes municipios galegos, ao abeiro da normativa existente.

Os coñecementos científicos actuais non permiten estabelecer con exactitude as consecuencias das culturas de organismos xeneticamente modificados (OXM); existe unha gran incerteza sobre as súas consecuencias para a saúde humana, sobre as posibilidades de contaminación de variedades non OXM ou sobre a redución da biodiversidade entre outros aspectos. Se en calquera campo da investigación no que se queira avanzar é necesario respectar o principio de precaución, no que ten de ver cos OXM na agricultura dados os riscos existentes o respecto por este principio adquire se cabe maior relevancia.

Ademais as especificidades dos sistemas de produción agrarios en Galiza, con presenza de variedades de millo autóctono do que é importante preservar a súa pureza varietal, deben impulsar a necesidade de que se debe defender a postura de que nunha situación de coexistencia de ambos tipos de cultivo, as normas e leis deben favorecer aos cultivos convencionais, tradicionais e ecolóxicos en detrimento dos OXM, pola maior importancia económica e social dos cultivos tradicionais e ecolóxicos e pola defensa do/a consumidor/a.

A manipulación xenética está indo da man dunha crecente mercantilización dos recursos xenéticos que pon en perigo a autonomía de decidir sobre os nosos sistemas produtivos e a seguranza alimentar, reforzando o oligopolio dos mercados de sementes, agroquímicos e alimentos, e tornando a nosa alimentación cada vez máis dependente dun feixe de grandes empresas transnacionais.

Na Unión Europea son moitas as “rexións” e máis de 4.500 municipios os que se declararon Zonas Libres de Transxénicos, o que non representa ningún freo á mellora científica senón a plasmación do principio de precaución.

Por todo isto sométese á aprobación do Pleno da Corporación Municipal o seguinte ACORDO

  1. Declarar o noso concello Zona Libre de Organismos Xeneticamente Modificados.
  2. O Concello comprométese a velar porque nas dependencias da súa competencia non se empreguen alimentos nin bebidas elaborados con materiais que conteñan Organismos Xeneticamente Modificados e a realizar campañas de información e sensibilización ao respecto.
  3. Solicitar da Xunta de Galiza a posibilidade de estabelecer unha declaración similar para todo o territorio galego.
  4. Así mesmo, solicitar da Xunta de Galiza que demande unha modificación do cadro normativo a nivel estatal e da UE para que as autoridades rexionais podan definir o seu propio territorio como zona libre de OXM -sen que esta decisión sexa considerada como unha infracción ao principio da libre circulación de mercadorias”.






É evidente que mália todas estas precauçons a ameaça siga chantada diante nossa e que seja preciso conscienciar à cidadania dum concelho onde o sector primário é o motor económico.
A própria cidadania deve responder com contudência e manifestar a sua repulsa perante este tipo de práticas, em princípio mediante a assunçom por parte dos colectivos sociais existentes desta batalha e movilizando a sociedade para situar o problema nos média e evitar a entrada dos trangénicos polo pátio-de-luzes.

Em Fevereiro de 2009 Ildefonso Pinheiro em qualidade de representante da cámara municipal chantadina solicitava o seguinte ao Ministério de Meio Ambiente, Meio Rural e Marinho do Reino da Espanha:

"
Recentemente tivemos coñecemento de varias solicitudes para ensaios de liberación de distintas variedades de millo transxénico en Galicia, códigos B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24, solicitudes ás que o noso Concello presentou alegacións.

Respecto a estes ensaios, entendemos que a súa tramitación vulnera de dereito á información dos agricultores e cidadáns en xeral que imos convivir coas parcelas experimentais, por canto non se fai pública a súa localización exacta, impedíndonos adoptar medidas de protección máis alá das establecidas nos protocolos de bioseguridad fixados para estes ensaios.

Por iso, SOLICITO a seguinte información amparándonos na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio, e que incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE:

Coñecer a localización exacta mediante coordenadas xeográficas ou referencia catastral das parcelas onde se solicitaron os ensaios de liberación con códigos (B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24).

Por todo o exposto, teñan por presentado este escrito, servíndose de admitilo e resolvelo conforme ao establecido no artigo 10 da Lei 27/2006, do 18 de xullo".

Em 28 de Janeiro de 2009 a cámara municipal de Chantada apresentava as devanditas alegaçons, assinadas conjuntamente por Manuel L. Varela do PP, Roberto Iglesias do PSOE e Ildefonso Pinheiro do BNG:

"Os grupos políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello de Chantada formulan alegacións á decisión do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino de albergar ensaios de organismos modificados xeneticamente no Concello de Chantada.

Segundo esta decisión, o Concello de Chantada, pese a súa declaración como Zona Libre de Organismos Xeneticamente Modificados vai albergar ensaios de organismos modificados xeneticamente, de entre os que cómpre salientar a variedade híbrida de millo transxénico NK603xMON810, para a que novamente se solicita autorización, malia ser centro da polémica dende a publicación dos resultados do estudo Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice (Novembro 2008), (Efectos biolóxicos do millo transxénico NK603xMON810 alimentado a longo prazo nos estudos de reproducción en ratos), que conclúe que os ratos alimentados con ise tipo de millo tiveron menos descendencia na terceira e cuarta xeración, mostrando diferenzas estatísticamente significativas.

O millo mencionado, propiedade da multinacional MONSANTO, é un híbrido de dúas variedades transxénicas: o NK603, resistente a herbicidas con base de glusofato (sendo “Rondup”, propiedade de MONSANTO, unha das marcas máis vendidas*), e o MON 810, resistente ao taladro (insecto que en Galiza apenas está presente), do cal se cultivaron o pasado ano no Estado español máis de 80.000 hectáreas para a súa comercialización.

· Está aprobada para o seu cultivo en países como EE.UU e Arxentina e para uso en alimentación humana e animal na Unión Europea.

· No Estado español, este millo foi ademais cultivado de xeito experimental ao aire libre en máis de 30 concellos os últimos tres anos, co grave risco de contaminar os cultivos de millo destinados á alimentación, cuestión sobor da cal o Estado rexeita establecer ningún tipo de control.

Non é habitual atopar estudos para detectar os efectos da alimentación transxénica a longo prazo, coma neste caso, xa que o patrocinio deste tipo de investigacións non resulta interesante para as multinacionais da alimentación.

Tentar seguir cultivando variedades con demostrados danos á saúde é unha mostra máis da pouca ética destas empresas. Sería unha irresponsabilidade imperdoábel por parte do Goberno do Estado seguir favorecendo os intereses destas multinacionais por enriba da saúde pública, ambiental e agraria do noso país e por suposto do noso Concello, e autorizar estes novos ensaios”.

Ademáis de todo isto, as sementes tranxénicas adoitan distribuírse insertadas nun “paquete tecnolóxico”, a mesma empresa que as produce, véndeche o tipo de pesticida que tes que empregar.

Por todo o dito, a Corporación Municipal de Chantada

EXPÓN:

1.- Que cada vez hai máis evidencias sobre a imposibilidade de evitar a polinización cruzada entre campos transxénicos e non transxénicos, como veñen demostrando multitude de estudios sobre caracterización da dispersión do polen a grandes distancias. Sirvan como exemplo os estudios recollidos no informe da Alta Autoridade Francesa sobre Organismos Modificados Xenéticamente que levóu a activación da cláusula de salvagarda no cultivo do millo transxénico MON810 en Francia. Polo tanto, a imposibilidade real de conter a dispersión do polen, fai extremadamente perigosa a liberación o medio ambiente destes cultivos transxénicos experimentais.

2.- Que existen demasiadas incertidumes sobre os impactos potenciais para a saúde dos organismos modificados xenéticamente. O informe da Alta Autoridade Francesa recolle a necesidade de estudios a longo prazo sobre impactos tóxicos dos transxénicos, e recolle cos test utilizados non son adecuados. Resalta tamén a ausencia de avaliacións dos efectos endócrinos, teratóxenos e transxeneracionais. Outras revisións dos estudios publicados en revistas científicas internacionais sobre este asunto, destacan as escasas ou nulas referencias a estudos sobre riscos sobre a saúde e toxicolóxicos sobre animais e humanos dos organismos modificados xenéticamente. Destaca ca maioría das investigacións corresponden a estudos a curto prazo, principalmente estudos nutricionais, cunha información toxicolóxica moi limitada. Esta revisión conclúe: “¿Ónde está a evidencia científica que mostra cas plantas/comida transxénica son toxicolóxicamente seguras como asumen as compañías biotecnolóxicas implicadas nos alimentos MX?”

3.- Que hai estudos que demostran cos transxénicos poden ter efectos imprevisíbeis, non avaliados no proceso de aprobación, e de extrema gravidade.

4.- Que os expedientes que permiten a experimentación con transxénicos o aire libre son aprobados baixo a premisa de que “Se considera que no estado actual de coñecementos e coas medidas de uso propostas, os ensaios non supoñen un risco significativo para a saúde humana e/o o medio ambiente. Consideramos esta argumentación inaceptable e unha falla de responsabilidade por parte das institucións encargadas de protexer o medio ambiente e a saude de todos e todas.

Pola imposibilidade de controlar a dispersión do polen do millo, xunto coa ausencia de suficientes estudios que demostren a seguridade dos organismos modificados xenéticamente e a aparición de evidencias de potenciais danos a saúde e efectos imprevistos do millo transxénico, e pola declaración previa de Concello Libre de Organismos Xeneticamente Modificados.

Solicitamos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño: Que se denegue a solicitude de autorización de liberación do millo modificado xenéticamente DAS-59122-7 número B/ES/09/21 realizada por PIONEER HI-BRED AGRO SERVICIOS SPAIN S.L. no Concello de Chantada".


Esta declaraçom nasceu da contumáncia de Ildefonso Pinheiro Dias e dos princípios ético-políticos que estám na cerna da acçom política do BNG chantadino. Pedimos-vos nom apenas sensibilizaçom mas tamém acçons de repulsa sobre esta ameaça que nos afecta a nós e tamém as vindouras geraçons.



domingo, 4 de abril de 2010

Ildefonso Pinheiro e Tolstoi. Tragédia oral.

Resposta ao manifesto do PP en conmemoración do 8 de Marzo. Dia internacional das mulleres.
Levan razón ao lembrar dificultades pasadas...avances dificultosos... queda moito por facer...hai que seguir sensibilizando...avances lexislativos, Bli, Bli, Bli, Bla, Bla, Bla.
A nosa resposta foi que apoiamos todas as políticas a favor da igualdade real entre mulleres e homes pero...

Levamos apresentadas neste Concello durante moitos anos, antes na oposición e agora dende o goberno, mocións similares e o que é mellor e máis importante, traballamos dende todas as áreas de goberno para que a igualdade sexa unha realidade.
É decir, para que se entenda ben, a presentazón deste tipo de iniciativas leva aparellada actuacións para acadala definitivamente, por iso decimos que a congruencia en política é algo imprescindible. Nós sí que o somos, no goberno e na oposición e este goberno municipal tamén o é. ¿É así no partido popular?.
Para nós a resposta é crara, ¡NON! e non con maiusculas, unha cousa e predicar e outra dar trigo. Así, pedimos que conste integramente na acta deste pleno os argumentos que imos expoñer.
Non hai moito tempo que no noso pais existían 18 oficinas de Igualdade e Benestar, non levaban o nome de igualdade por casualidade, traballaban por ela, ás que hai que sumar a oficina do módulo Nelson Mandela do Centro Penitenciario de Teixeiro, que atendian 294 concellos, é dicir, a práctica totalidade dos municipios galegos, exclusión feita dos de carácter urbano.
Pois ben, tanto a Conselleria de Traballo e Benestar como a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, cargáronse estas oficinas e as súas traballadores e traballadores, para que sexan, segundo a Xunta, os concellos os que asuman os servizos que se prestaban desde estas oficinas, por suposto recurtando as axudas, e quero lembrar a do noso Concello duns 38.000 euros. Poñen fin a unhas oficinas que, desde un punto de vista integral e multidisciplinar, supuxeron unha clara melloría na prestación dos servizos sociais no canto de as afortalar dando continuidade a un proceso de consolidación de emprego para os seus traballadores e traballadoras paralizado pola Xunta do PP. Hai que ter en conta que estas oficinas de I+B traballaban en permanente coordinación cos servizos municipais, desconxestionando o seu traballo ao permitir derivar cara elas un volume importante de asuntos.
Pero hai máis:
• Rebaixouse o orzamento do 2009, de 5 millóns de euros a menos dun millón no 2010 para políticas de igualdade, ademais de suprimir proxectos de dinamización das mulleres no ámbito rural.
• Unha das primeiras decisións que adopta o Presidente da Xunta de Galiza foi nomear un goberno que non é paritario, incumprindo a legalidade vixente que obriga a que o Consello da Xunta sexa paritario.
• A segunda decisión, é apoiar unha Iniciativa Lexislativa Popular promovida por asociacións antiabortistas, que pretende crear unha rede, en mans destas asociacións, destinada a impedir que as mulleres decidan libremente sobre a súa maternidade.
• En paralelo, paralizan a actuación dos centros Quérote e desmantelan servizos de información e os puntos de información ás mulleres.

• Desmantelan a rede de servizos sociais, canalizada a través do Consorcio, que sentaba as bases para a creación dunha rede de servizos públicos (de atención á infancia, dependentes e persoas maiores). Servizos que son básicos para “liberar” ás mulleres das tarefas do coidado, facilitando a súa participación e desenvolvemento a nivel laboral, persoal ou cultural. Aí están as galescolas ou centros de día construídos e sen abrir, a cancelación da posta en marcha dun servizo de “canguros” ou a vocación de privatización destes recursos.
• 35 centros de día pechados mentras se chantaxea aos concellos para privatizalos. Non se aposta por SOGASERSO e non se abren tres residencias para maiores que estaban en carteira. Coidadores e dependentes cobrando tarde as axudas ou simplemente non cobrando porque se retrasan as valoracións.
• A promesa electoral de que se garantiría o principio de “a igual traballo, igual salario” ficou niso, nunha promesa, sen que se teña adoptado nin unha soa medida neste terreo. Mais no ámbito laboral, e apoio á incorporación das mulleres ao mundo laboral, eliminaron as axudas á cotitularidade, as axudas ás redeiras....
• Denunciamos o pasado 25 de novembro, a relaxación do goberno no desenvolvemento da Lei Galega contra a Violencia de Xénero. Cancelan a celebración de premios como o “Eu tamén navegar” (medida de sensibilización social), poñen atrancos no desenvolvemento do Programa Rodela, paralizan a plataforma de teleformación en violencia de xénero, ou segue pendente a posta en marcha de órganos como o Observatorio Galego de Violencia de Xénero ou o Consello Galego das Mulleres.
• Tamén estamos a pedir a retirada do Anteproxecto de Lei elaborado polo Goberno galego para suprimir o Servizo Galego de Igualdade que é un organismo autónomo da Xunta de Galicia, creado por Lei 3/1991, de 14 de xaneiro, e o seu obxectivo é promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, a participación e integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política de Galicia.
As mulleres deste país seguro que agredecian mais o fortalecemento da Lei integral contra a violencia de xénero que o show dos conselleiros co escarnio e maldicer dos globos o 8 de Marzo. As vítimas da violencia levan mais dun ano sen cobrar o salario da liberdade e 50 ficaron sen atender polo despedimento de traballadoras en Benestar.
¿Son vostedes os que apostan pola igualdade, son vostedes os que queren realmente a igualdade?. Eu, coma portavoz, o grupo municiapl do BNG, o goberno municipal e podo falar en nome dos compañeiros e compañeira do PS, non o cremos. Deixense de presentar mocións nas que non cren ou sexan congruentes con elas e traballen pola igualdade real entre homes e mulleres.
Como escribiu León Tolstoy: achámonos sumidos, nun abismo tal de embustes, que é necesario, para que nos decatemos da verdade, que nos caia, polo menos, unha tella na cabeza.