Pesquisar neste blogue

terça-feira, 12 de outubro de 2010

Esta quinta-feira, joves, acto do Encontro Irmandinho com Beiras em Monforte


ACTOS DO EI EN MONFORTE.

- Xoves, 14 de outubro de 2010 - 20:15 horas – Casa da Cultura de Monforte

Charla-coloquio con:

XOSÉ MANUEL BEIRAS – Unha alternativa nacionalista á crise.

- Sábado, 23 de outubro de 2010

Asemblea Comarcal do EI aberta a simpatizantes.

* Se desexas participar connosco dunha cea en Monforte o día 14 de outubro, despois da charla,

é preciso anotarse antes do 13 de outubro no teléfono 647576723 ou en revolta_irmandinha@hotmail.es

O acto deste xoves enmárcase nunha serie de encontros con Xosé Manuel Beiras que estamos a organizar dende o EI por toda Galiza co obxectivo de achegar á xente unha explicación da grave crise económica que padecemos. Os grandes medios de comunicación só nos dan a versión ultraliberal da crise, a versión dos poderosos, facéndonos ver os recortes no gasto público coma inevitábeis. Beiras achega unha visión explicativa sobre as causas da crise dende unha perspectiva clara de esquerda e propón alternativas ao sistema.

Ao remate da conferencia abrirase un coloquio, agardando que participen todas as xentes interesadas en plantexar as súas dúbidas a un economista da talla de Beiras que sabe explicar de xeito sinxelo o que nos sucede. Este coloquio é unha parte central destes actos, pois entendemos dende o EI que a voz das xentes que máis padecemos a crise – asalariadas, autónomos, parados, traballadoras en xeral… - debe ser escoitada. Ademais, cremos que só a toma de conciencia destas xentes do común e a súa organización pode deter as medidas sociais regresivas – coma a reforma laboral de Zapatero – que se están a aplicar coa excusa da crise. Na Galiza, tamén é vital esta organización fronte a un goberno do PP na Xunta decidido a desmantelar os servizos públicos e a rematar coa nosa propia Cultura.

Neste contexto é no que se enmarca a III Asemblea do EI, á que convidamos a participar a quen esté interesado. De feito, este xoves Beiras estará acompañado por irmandiños da comarca, sendo presentado por Xosé Lois Soutelo, que explicarán aos asistentes cómo participar neste proceso.



IRMANDADE DE LUGO-SUL