Pesquisar neste blogue

domingo, 12 de agosto de 2007

I. Informe sobor da situación no agro galego. Situación actual e retos pró futuro.


1.1 Introito.
Á altura do ano 1980, Galiza contaba con 400.000 persoas traballando no seitor agrario, porén a crise endémica do seitor primario galego e a falla de respostas das diversas administracións conlevaron a que hogano xa só 90.000 persoas fiquen no rural cos riscos que isto supón pró conxunto dos galegos[1].
O progresivo abandono de terras e núcleos de populación multiplicou a masa forestal combustíbel, responsábel de episodios como o da vaga de lumes do 2006 coas súas consabidas consecuencias: destrución do monte galego – fauna e flora -, ameaza física sobor persoas e vivendas, cortes en estradas, inundacións, destrución dos bancos marisqueiros, custos de extinción sen parangón en Europa... Amais, se non se toman medidas de carácter urxente para fixar populación no rural e garantir unha superficie cultivada “normal” as consecuencias catastróficas irán in crescendo. Porende, o BNG e Galiza Nova ollan imprescindíbel invertir o cento por cento do cánone no meio rural.
Por outra banda, o sindicato Unións Agrarias, de filiación socialista e con presenza en Chantada, vén de reunirse co conselleiro do Meio Rural, Alfredo Suárez Canal, pra apresentarlle unha proposta na mesma dirección de fixar xente no rural. A resposta do nacionalista foi positiva e indicou que xa barallaban medidas similares.

1.2 Situación actual do agro.
Primeiramente, é mester lembrar que actualmente unhas 22.000 explotacións teñen uns ingresos anuais inferiores a 8000 euros, portanto, fican por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional, pois « na produción de leite de cada 100 pesetas 80 vanse en custos de produción»[2] e se timos en conta a subida de prezos dos cereais a situación vai a pior. Até o de agora, os nosos labregos só percibían rendas en función da cantidade de carne e leite que foran capaces de xerar, ou sexa, non se lle concedía importancia algunha aos outros servizos prestados á sociedade, como a conservación do meio ambiente. Segundo UA o mantemento da actividade agrogandeira durante cinco anos, ligado loxicamente coa correcta xestión dos residuos da explotación, debería remunerarse con 3.000 euros/ano e no caso das explotacións máis respeituosas co meio e que desbrozasen ou roturasen novas terras as subvencións deberían acadar os 6.000 euros/ano. Asemade, houbo propostas do Sindicato Labrego Galego (SLG) encamiñadas tamén a combater a desruralización.
Na actualidade, Galiza conta inda con máis de 700.000 hectáreas cultivadas, o que supón unha cuarta parte do territorio da nación. Porén, a continua redución de superficie cultivada, motivada polo feche de explotacións, aumenta o risco de incendios e, de confirmarse a tendencia actual, Galiza pasaría a tir unha superficie de monte e mato moi ampla, o cal derivaría en incendios forestais que arrasarían miles de hectáreas, algo terríbel dada a superficie do país.
Porende, cómpre incentivar a actividade agraria e recoñecer o papel vital diste seitor na xeoestratexia galega como despensa e pulmón das cidades. Os agricultores fornecen de alimentos ás cidades, mais tamén de enerxía (solar, eólica, hidroeléctrica, biomasa...) e manteñen cortalumes (por meio de camiños, rodeiros e pistas), posto que frean o lume e deteñen a erosión, xestionando o patrimonio medioambiental.
Daquela, subvencionar con cantidades entre 3.000 e 6.000 euros aos nosos labregos por mantir o equilibrio medioambiental ou invertir o cento por cento do cánone no rural non é un desatino, xa que hogano o sistema de prevención e extinción de incendios da Galiza acada uns custos de 183 millóns de euros (tanto como xera a produción madeireira galega), a taxa máis elevada de Europa para un país en franca regresión demográfica, avellentado e sen unha axencia tributaria propria; algo que xunto a desruralización pode aparellar imprevisíbeis consecuencias a meio/longo prazo de non reaxirmos de contado.

1.3 Renovarse ou morrer.
A conxuntura internacional forza ao agro galego a renovarse ipso facto, xa que após lustros perdidos (polo menos desque en 1986 Galiza ingresou na UE) co desgoberno fraguiano e a xestión meseteira das subvencións europeas a Galiza o noso agro fica na cola de Europa, cunhos custos de produción elevadísimos. Amais, a situación vai camiño de agravarse pois os nosos labregos tirán que afrontar dous escollos máis a curto prazo:
a) O fin das axudas europeas no 2013.
b) O fin do sistema de cuotas.

a)
Niste senso, cómpre asinalar que é unha boa noticia que Galiza deixe de percibir istes cartos, pois racha co mito da eterna dependencia de Madrid. O que necesita a nación galega e xestionar e recaudar os seus impostos e afondar no autogoberno. Canto ao goberno estatal, aprobou a estas alturas, de forma máis serodia imposíbel, o Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), que actuará entre os anos 2007-1013, mais que, ao noso ver, nasce xa eivado pola falla de compromisos e investimentos serios e concretos. Des Galiza Nova consideramos que tanto o PDR como os diversos planos que se poidan aprobar des Compostela deben respostar a definitiva modernización do agro, é dicir, completar a súa mecanización, contribuír a criación de explotacións sustentábeis (axir no tratamento dos residuos des a administración dun modo cáseque integral meiante convenios con empresas), incentivar a formación dos agricultores mozos, incentivar o cooperativismo que posibilite días libres e vacacións prós labregos, completar o sistema de parcelarias na Galiza co obxectivo de abaratar custos e incrementar a superficie cultivábel e, por último, procurar ingresos extras prós gandeiros meiante apostas polo turismo rural (rehabilitación de casas vellas), enerxías renovábeis (instalación de paneis solares), mellora das comunicacións (estradas, pistas, acceso á INTERNET e optimización das conexións telefónicas equiparábeis ás cidades...).

b)
Canto ao sistema de cotas, a UE ten previsto finiquitalas no 2015, inda que os pasos previos que se van dar farán que, na prática, fique invalidado moito denantes. A desaparición da cota tirá previsibelmente como consecuencia máis sangrante a baixada dos prezos do leite. Tamén desaparecerán os direitos de nodrizas e os pontos das ovellas.
Nos últimos anos os gandeiros galegos endebedáronse na adquisición de cota, chegando o prezo desta aos 70 céntimos por quilo ou máis (até que a Xunta botou mao dela). Pois ben, a UE ten previsto ampliar o volume de cotas prós estados membros, polo que a cota sufrirá unha perda progresiva de valor que suporá a eliminación gratuíta de gran parte do patrimonio dos nosos gandeiros[3]. Portanto, sería intolerábel que pró 2015 o goberno central non indemnizase axeitadamente aos nosos gandeiros, xa que o Estado español - con cartos para mantir tropas en Afganistán, Líbano ou no Iraque ou pra colaborar coa axencia espacial europea -, non foi quen de distribuír a cota de balde como si aconteceu na Franza... por algo Alemaña e Franza son o motor agrícola de Europa.


[1] Segundo Roberto Lorenzana, na súa tese doutoral El cambio estructural en las explotaciones de bovino en Galicia no 2009 non haberá pra alén de 14.000 explotacións de leite na Galiza. Amais, calcula que face as 285.000 explotacións de 1962 apenas permanecerán abertas no 2003 65.000, portanto cómpre axir con presteza (dados tirados da revista Afriga, nº 67, ano XIII, marzo - abril 2007; pp. 70-74..
[2] LORENZANA, Roberto: El cambio estructural en las explotaciones de bovino en Galicia en Afriga, nº 67. Amais, iste enxeñeiro técnico agrícola asinala na devandita entrevista que « está demostrado que cando os ingresos do leite beixan un 1% a marxe de ganancia descende un 5%» dado alarmante se se ten en conta a continua perda de poder adquisitivo dos labregos e a previsíbel baixada do prezo do leite co final do sistema de cotas.
[3] Estímase que entre os anos 2002 e 2005 os nosos gandeiros invertiron 210 millóns en cota polo desleixo do goberno central, cuxo centralismo arbitrario considera igoal a Galiza cás Baleares no reparto da cota láctea, abandonándose diste xeito un dos seitores estratéxicos da nación galega.

Os catro fantásticos na barca de pedra cara o país de Nunca Xamais.

9-7-2007.
Após as eleiciós municipais, o panorama resultante das mesmas, daba espranzas para dar resposta ás arelas de cambio e progreso que a cidadanía reclamaba. Porén, o panorama virouse treboento e os viraventos decidiron, unha vegada máis, navegar pola súa conta... e axiña se comprobou que o alcance da transformación é máis ben cativo.
O BNG, malia non haber nengún pauto materializado, apoiou ao PSOE e apostou polo cambio e por un goberno de progreso e estabilidade pró que o pauto era inevitábel. Nembargantes, e malia cedermos en moitas das nosas pretensións polo ben común, o PSOE decidiu seguir actuando como os Independentes e rompeu as negociacións argüindo razóns económicas e non políticas... e a barca de pedra sen áncora.
A mentira ten as gadoupas ben curtas e non nos enganarán cunha campaña de difamación e mentiras escontra o BNG e os seus membros que, simplesmente, agocha o seu inconmensurábel afán de poder e dominio chegando un dos catro fantásticos a detectar seis poderes - será o elástico- e outro a combinar o trono co tixolo.
As acusacións verquidas sobor do BNG polo PSOE chantadino e os seus meios de desinformación son en todo ponto falsos. O PSOE limitouse a omitir os fins políticos (que Ildefonso pasase todo o día despachando na alcaldía) acusando ao BNG de culpábel do fracaso do pauto local por supostas maos negras, ou sexa, a vella táctica de propaganda política que tenta agochar as proprias faltas desviando o foco de atención. En nengunha asamblea local vin uns fíos porriba da testa dos membros da equipa do BNG , como se foran bonicreques. Son estas acusaciós difundidas sen clarificar a fonte pra cubrirse as costas e atopar fácil crédito meiante o mecanismo da proxección psicolóxica; son deformaciós e esaxeraciós, mera propaganda negra. Os procedementos da mentira son variados e istes que tantos anos levan metidos no allo –millor nos allos- semellan conocelos ben, especialmente o da omisión, o da sustitución – censura nos mas meia- e o da adición, e o da negación.
Dúas semanas iñantes de chegar ao poder, Adolf Hitler asinou un artigo no Völkischer Beobachter (14-1933) no que negaba todas as afirmaciós que os xornais facían escontra o NSDAP (entre elas un préstamo de catro millós dun banqueiro sueco de ascendencia xudea) sen oferecer nen unha soa proba a prol da súa inocencia; no entanto todas as acusacións eran certas só que, co artigo, a opinión pública ficaba desconcertada sen saber a que versión acollerse, se a do sentido común e as probas ou ao home de moda na Europa daquela altura. Pois ben, a inculpación do fracaso do pauto ao BNG pola acción dunha mao negra sen apresentar unha soa proba non vai alén da creación dun rumor de tasca e café para confundir á opinión pública, que nas urnas apostou por un goberno de coalición e non polo ridículo goberno en minoría do tánden dos catro fantásticos. De haber algún goberno en minoría tiría que ser o da lista máis votada, pois do contrario a inestabilidade só traerá crebadeiros de cabeza e problemas a Chantada e afondará no sentimento dos chantadinos de que “todos os políticos son iguais”... Na verdade, vendo a extraordinaria acumulación de poderes dos catro fantásticos e a intención de darlle a Roberto a dedicación exclusiva que se lle negaba a Piñeiro (veleí a causa política omitida) fica ás claras que o proceder distes Independentes nen é o da esquerda, nen o do PSOE, senón que nos lembra aos trapicheos made in PP. Iste goberno en minoría é unha barca de pedra como a que trouxo a Sant Iago ao Reino de Galiza, só que encallará iñantes de chegar ao mar... cando os ventos democráticos os ubiquen no país de Nunca Xamais, só que mentres tanto quen paga o resgate de tan esgrevia tripulación? Como sempre Chantada... e a prezo de embaixadores; no, mandar manda carallo.

Sempre hai cousas...

Os defensores do bilingüismo harmónico, cientificamente insostível[1], oponhem-se ou acolhem com reticências o novo decreto de ensino do galego, é dizer, tiram a carauta e ve-se-lhes a sua faciana unánime de defensa do castelhano, da asimilaçom e o monolingüismo, ou seja, que o castelhano continúe actuando como espanhol. Mas, nom só reagirom mal na Galiza os espanholistas. Em Catalunya puxerom-se coma cans porque a cultura catalá foi convidada de honra da Feira do livro de Frankfurt e nom se levarom aló os “suficiêntes” escritores em língua castelhana, porém que é entom a cultura catalá? Deveriam levar por acaso algum chino ou árabe porque em Barcelona hai gente que fala árabe e chino? Deixemo-nos de panocadas espanholeiras; a cultura dos Països Catalans tem um veículo de expressom de seu que se emprega, mal que lhes pese a alguns, em Catalunya, Andorra, València, parte de Aragón, o Roselhom e nas Baleares. No entanto, os castelhano-falantes que denunciam esta descriminaçom porque nom abrem o prémio Cervantes para além dos escritores em castelhano? O importe do prémio pagamo-lo todos com os nossos impostos e nom apenas os espanholistas. Porém, o nacionalismo esencialista e chocalheiro de Castela já levou um sério revês, um caralho como um brazo como se di na Galiza, com o fracaso estrepitoso da candidatura da Alhambra de Granada, embora a campanha mediática do nacionalismo espanhol fosse intensa... já andaram falando de conspiraçons judeu-masónicas internacionais... Contariam com o apoio disso que eles chamam “hispanidad” e gente inocente como Saramago que ainda acham que se pode chegar a acordos com os politicalhos meseteiros; coitados, nom sabem que os americanos do norte e do sul rem querem saber da sua antiga metrópole e que os portugueses apenas esquecerom episódios como Aljubarrota ou o desgoverno felipista. É que já o di o refram: “Nom as fagas, nom as temas”.
[1] Como demostran os estudos de Bastardas, Calvet ou Francisco Rodríguez, entre outros.