Pesquisar neste blogue

terça-feira, 26 de junho de 2007

De pedra o teito...




O humor serve pra denunciar sutilmente o pensamento impositivo único das mentes fascistoides, nunca a calada é unha boa resposta pra istes individuos. Xa Castelao demostrou que o humor, a retranca e a ironía poden pór no seu lugar a individuos que defenden simplesmente os seus intereses sen considerar os direitos dos pobos, as culturas e as língoas. Decidamos os galegos que é o que queremos facer coa nosa sociedade e que se deixen de impoñernos con tropecentos meios de comunicación españolistas que é o que debemos facer, pensar e falar, liberdade e autodeterminación.
[ As imaxes foron tiradas da web da Mesa pola Normalización Lingüísitica].

Outra vaca máis no millo!




O afán de protagonismo das ideoloxías de extrema direita non coñece barreira algunha e agora dálles por tentar eliminar o ideario nacionalista e ao proprio galego, sinal de identidade dos galegos por excelencia, escudándose en que os castelán-falantes se atopan "perseguidos" e "discriminados" na Galiza e que isto irá en aumento co novo decreto sobor do galego que aprobou a Xunta. Así pois, adícanse agora a pidir sinaturas escontra o mesmo pra paralizalo e apostan, co máis profundo coñecimento do vocabulario falanxista e fascistoide, pola persecución e erradicación do galego, como é excelente mostra unha banda deseñada que anda a circular pola Internet. A súa indecencia moral non se para en barreiras. Os galego falantes que non podemos inda hoxe levar unha vida normalizada na nosa língoa resulta que non timos direitos, pro iles si. Escúdanse en que iste decreto criaría cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, posto que "las lenguas no tienen derechos, sino sus hablantes"... Acaso os que falamos galego non somos falantes? Cal é a língoa prorpia da Galiza? E algúns que criamos que xa estaba superado o de ouvear todos como os cans... Cando alguén rifa co seu can, ladra coma il? Está claro que o repunte da ideoloxía fascista estase a percibir no noso día a día e que a política do PP de empregar o terrorismo e a mentira como armas políticas desemboca en darlle asas a pantasmas que seguen eí setenta anos despois.

[ As imaxes están tiradas da web do xornal Galicia Hoxe].

quinta-feira, 21 de junho de 2007

O Festival de pantón xa é unha realidade!


A asociación festival O Castro xa puxo a disposición de todos os utentes da rede o programa da súa nova edición do Festival do Castro, evento que se está xa a enconverter nunha referencia en toda a comarca e fóra dela. Se queredes máis información visitade o blog comarcal de Galiza Nova (a dirección podédela atopar no presente blog nas ligazóns de interese).

terça-feira, 19 de junho de 2007

I Asamblea local.


O vindeiro 13 de xullo celebraremos a nosa primeira asmblea local co gallo de organizar as actividades do vrao e avaliar a nova situación política do concello.

ORDE DO DIA
1) Avaliar os resultados das municipais e analisar os obxectivos cumpridos e os que inda están por cumprir.
2) Pacto de goberno. Avaliación e reflexión.
3) Asociacionismo cultural en Chantada.
4) Propostas, planificación de actividades e calendario pró vrao.
5) Festival de Pantón. Apoio desde Chantada e outras cuestións.

Agardamos a vosa participación e estamos abertos ás vosas suxerencias. Unha aperta nacionalistaa todos e a todas.

sexta-feira, 15 de junho de 2007

Primeira asamblea local




Queremos transmitir as nosas felicitacións a Piñeiro, Mazaira e Olga Otero pola durísima laboura que están levando a cabo nistes intres tan complexos e transmitímoslles todo o noso ánimo. Asemade, na cabeza do próximo mes celebraremos a primeira asamblea de local de Galiza Nova pra planificarmos as actividades do verán. A asamblea será aberta polo que poderán asistir non só os membros de Galiza Nova senón tamén os simpatizantes que o desexen. Pra calquer cousa xa sabedes o noso correo (galizanova_chantada@hotmail.com).


Alén disto, lembrarvos que o blog da comarca está sendo actualizado e que a direición do mesmo podédela atopar na páxina web de Galiza Nova no enlace comarcas.

sexta-feira, 1 de junho de 2007

O motor do cambio en Chantada!!!



Falou o pobo chantadino e pronunciou-se claramente a prol dun cambio, motor do cal foi, incostestabelmente, o BNG. triplicando o número de edís e representación, ficamos a 400 votos de enconverternos na 2ª forza política e, amais, foi o BNG a única formación que subiu no concello de Chantada (o do PSOE non se pode considerar unha subida cando 3/4 da candidatura pertencían a ICH). Así pois, damos as grazas a todos e a todas os que confiastes no BNG e agardamos non defraudarvos durante os vindeiros catro anos, contamos con que colaborades con nós e nos mandedes suxerencias, queixas, propostas... Desde os concellos tamés se fai país!